EnPoio quere facer de Poio o lugar onde queremos vivir e ter os nosos negocios.

Es un empresario ou empresaria comprometida e apasionada polo teu negocio?

Che gusta crear sinerxias e alianzas con outros empresarios ou empresarias?

Cres que Poio é un lugar onde vivir e medrar novas oportunidades?


Entón… Enpoio é a túa asociación!!


Como funciona Enpoio?

Reunímonos unha vez á semana durante unha hora e media na que tratamos os seguintes puntos:


1.Que tal foi o día e a semana? Comentamos como estamos, se temos unha boa nova, cales son as nosas preocupacións, etc.

2.Que tema tratamos hoxe? Se temos algún tema interesante de tratar o desenvolvemos, se queremos consultar algo ó grupo o facemos, se necesitamos abordar temas de desenvolvemento no noso concello os comentamos, etc.

3.De que trataremos na seguinte reunión? Se temos algún tema interesante que require certa preparación ou debemos organizar algunha actividade, aproveitamos este bloque para poñelo en común.


Actividades que organiza Enpoio

Cremos que o noso concello ten moito potencial e que as persoas empresarias temos moito que aportar, por iso xeramos diversas actividades e apoiamos en todo momento ás nosas empresas asociadas. Toda esa información atópase no apartado «Sumando Poio»


Queres saber más? Escríbenos.